"A SANIDADE PÚBLICA"

A sanidade pública é en realidade penosa , eu pregúntome se valen de algo os nosos impostos? Sinceramente ónde invisten os nosos cartos? Non é lóxico que nun pequeno pobo se vas por urxencias só teñas dúas respostas:
1. Mírante por riba, por suposto nada de auscultarte, unha aspirina e para a casa .
2. Sen mirarte prefiren mandarte directamente para o hospital máis cércano.
Ah! E unha cousa que se me esquecía antes: se eles están durmindo ti tes que esperar na sala de espera, ante todo non tes dereito a espertar a alguén que estea durmindo por moi mal que esteas.
Claro que a xente da vila, acostumada a estes tratos, xa só se dirixe a este servizo se está moi grave.
Outra cousa que se me esquecía: se estas xa “nas ultimas” e chamas a unha ambulancia tes que pasar polo chiringuito, ao que chaman urxencias, para que che dean un papel para ir ao hospital. Dálles totalmente igual que morras polo camiño.

CARA ONDE IMOS CON ESTA SANIDADE PÚBLICA?????
Marga

2 Comentarios:
Invertir en armamento parece desde logo máis rentable e, nunha sociedade onde o que prima é o capital por riba de todo,é lóxico que sanidade funcionen así.Ademais a xente só se queixa por detrás e acaba por acudir á sanidade privada.Xa van preparando o camiño para a privatización!Se os servizos públicos non ofertan calidade, a xente acabará por pensar que non é posible unha boa xestión pública.Téñeno máis fácil.
Parece claro, imos cara a privatización.
Publicar un comentario en la entrada
<< Inicio