Os Rios Son Os Soños
Este texto atopeino en internet e gustoume, gustaríame saber a vosa opinión,así que lédeo:
Os ríos son a parte interior da infancia. Os ríos son auga que marcha e corre.
Debemos respectalos e coidalos e querelos, como respectar a vida e a inocencia. A natureza é a parte máis sabia do home.
Temos que abumiñar esta parte non morta de nós mesmos. Auga para beber e para amar. Auga para reflectir nela a nosa cara de paz. A natureza é sempre algo animal e libre. Eu corro cara ao río da aldea e bailo mentres me baño. Lonxe do mundo e da cidade.
Eu amo os ríos que me percorren. Hai que buscar na harmonía a beleza. Hai que correr e xogar nos patios do espíritu. Os ríos son partes soñadas de todo. O todo é o feo e as partes son fermosas. É fermoso ver un río nunha foto. É fermoso cantar cancións e beber viño, como nos Caneiros. Os ríos, como fadas, cruzan cidades e vilas. Cruzan a xeografía humana e xogan con ela. Avanzar como nación é amar ese soño da terra , a auga. Nas fontes nace todo coma se nacera un poema. Moitos poemas para que non nos doa a morte.
Quero mollarme no río e sentirme soñadora e libre. A natureza libera ao ser humano por dentro, faino máis intelixente e máis aberto. Os ríos que me inundan son un diagrama certo. Un debuxo nas miñas páxinas de poesía. Os ríos son a cor intensa dos ollos das vacas.
Que vos pareceu...está moi ben a nosa terra galega é o país dos mil rios e po iso debemos de coidalos e respetalos por que son a sangue da nosa terra, parte da nosa vida...Que fariamos nós sen eles ? Eu non sabería vivir, e a miña terra quedaría sedenta.
(Marga)

1 Comentarios:
Deberías citar o autor do texto ou crear un enlace á páxina.
Publicar un comentario en la entrada
<< Inicio