miércoles, abril 26, 2006

MINICENTRAIS

As minicentrais provocan un corte radical dos ríos de pouco caudal ( xeralmente no mellor lugar do río, na cabeceira), por medio dun muro, feito de cemento e formigón. Por suposto tamén se fan en ríos de máis caudal. Un exemplo moi preto é o encoro de Portodemouros e, agora, estamos vendo diante nosa construí dúas novas minicentrais sen poder facer nada, en que país "democrático"vivimos no que non escoitan ao pobo e só escoitan a "FENOSA", unha empresa que rouba os nosos recursos e que está destruíndo o noso país?
Supoñen un desastre para o río, xa que están feitas sen mirar para nada a natureza e simplemente para gañar cartos. (Os estudos medioambientais e de impacto que fan son terceiromundistas e non teñen en conta nada, arrasan co que hai de mala maneira). Son un auténtico atentado á natureza.
(Marga)