Fai uns días empezou a tempada da pesca. Por iso dende aquí quero "denunciar" a pesca ilegal con redes, xa que así, péscanse pequenos peixes que inda non dan a talla, e tamén a pesca co "trallo", unha especie de rede composta por tres, que fan que non respecten a ningún peixe nin ser vivo. Pero o que a inda é peor é que se bote sosa caustica, en estado líquido ao río facendo que tódolos peixes, ras, serpes e outros animais morran no río sen ningunha posibilidade de supervivencia. Pero eu preguntome se saben que coa sosa non só matan os peixes que queren pescar senón que coa corrente da auga a sosa segue o curso do río e mata ao resto de peixes, por que os matan sabendo que ao día seguinte se van pescar non haberá peixes?En realidade somos o único animal que ten intelixencia? ( Marga )
|
0 Comentarios:
Publicar un comentario en la entrada
<< Inicio