Hoxe, quérovos falar de algo que nos pode ocorrer ás mulleres( polo que eu sei e vivo,
xa que aínda non lle ocorriu a ningún home, que eu coñeza) dende pequenas somos “sometidas” aos homes, dende a autoridade de nosos pais ata no futuro coas nosas parellas.
Un día, de pequena, pode ser que por ser rapaza teñas que facer cousas “de mulleres”, tarefas do fogar…
Despois cos anos este tipo de cousas persisten xa cando es totalmente adulta. Ao ter parella isto continúa. Hai casos, e un en especial, o cal coñezo de primeira man,nos que unha muller de 35 anos, despois de levar coa súa parella 13 anos casada , felizmente, un día este non lle fale e así durante meses.D icíalle que non sabía para que traballaba, xa que podían vivir os dous tranquilamente sen ningún tipo de problema, pois el tiña un negocio no que agora gañaba moitos cartos. Ela dille que non, porque non quería deixar ao seu pai e seu irmán sós despois da morte de súa nai, por que o pai non estaba ben de saúde e o irmán era pouco responsable para levar un restaurante cunha media de 30 persoas ao día e fines e semana de ata 400 persoas e que, simplemente, non quería abandonar o seu fogar.
El dende aquel día díxolle que lle dera a súa roupa e demais obxectos persoais e que marchaba para a casa dos dous.
Dende entón o irmán do seu marido, alguén que nuncaía polo bar, agora vai tódolos días. A familia por parte do home non lle fala e agora quen nunca falou con ela fala mal dela dicindo que anda con mil homes.
Nunca se dixo nada del, é unha fermosísima persoa, eu coñézoo e pódovos dicir que é moi bo home, pero non entendo o que fai. Sinceramente pregúntome quen estará por detrás del para que faga iso.
Ela ten unha gran depresión dende a morte da súa nai e el toma a súa enfermidade a broma, sabendo que ela ten consentido moito ao seu home, que ten botado traballando ata as 6 da maña e el sen chegar a casa.-..
Isto ninguén o debe permitir. A min gustaríame saber por que as mulleres somos cando ocorre algo semellante sempre as culpables? E, por que nunca os homes?
( Marga)